Bruno Rúa, investigador e divulgador de Verín: “A memoria, para os territorios do rural é imprescindible”
ALDEAS DE OURENSE
Bruno Rúa é un investigador e divulgador verinés que dedica boa parte do seu traballo a catalogar e evitar que caian no esquecemento as aldeas da provincia de Ourense.
O investigador e divulgador verinés, Bruno Rúa, dedica boa parte do seu traballo a catalogar e evitar que caian no esquecemento as aldeas da provincia de Ourense. Durante a xornada de este xoves presenta no Edificio Multiusos da Mezquita a súa obra “Aldeas de Conso, Frieiras e Viana (e As Portelas)”, na que realiza unha retrospectiva das aldeas destes concellos orientais, recuperando a súa memoria, historia e identidade.
Pregunta. O seu libro nace do compromiso coa memoria. Que significa para vostede “memoria do territorio” e por que cre que é tan importante preservala hoxe en día?
Respuesta. A memoria é imprescindible para os territorios agora que o mundo rural está desaparecendo a un ritmo brutal. Se non se fan exercicios de memoria, é posible que dentro dunhas décadas ningún dos lugares que recoñecemos hoxe en día poida ser nin identificado sequera. Ademais, o compromiso é en realidade coa xente que aínda vive e viviu neses lugares. Non pode ser que no futuro poidamos chegar a eses lugares feitos unha morea de pedras e só poidamos chegar á conclusión de que por alí pasaron seres humanos. Non, eses seres humanos impregnaron as pedras de emocións e sentimentos que non se poden esquecer salvo traizoando esa memoria.
P. Que foi o que lle motivou a escribir este libro?
R. Hai xa varios anos publiquei “Aldeas da Tamagania”, unha colección de historias, relatos, contos e lendas de todas e cada unha das aldeas da comarca do Támega. O resultado foi tan satisfactorio que continuei facendo o mesmo na comarca veciña do oeste, a Limia. E para non ser menos, tamén tiña que coñecer as aldeas da comarca oriental. Todo xurde do afán de coñecemento.
P. Como foi o proceso de recompilar información sobre as aldeas e a súa historia?
R. O proceso é sinxelo, primeiro documentación, haxa pouca ou moita, principalmente entre crónicas indirectas e hemeroteca. E logo, o máis bonito e agradecido, o traballo de campo, ir de aldea en aldea falando coa xente, recopilando historias, fotografiando todos os elementos significativos da aldea, beber das súas fontes, respirar o seu aire, pisar a mesma lama que pisaron centos de xeracións antes de min... É fascinante facer algo así.
P. Pensa que a sociedade actual valora suficientemente o saber dos pobos e aldeas ou aínda existe unha mirada que o considera xa algo do pasado?
R. Hoxe á moita xente se lle enche a boca de falar do rural..., dende a cidade. Semella que pasamos do desprezo máis absoluto a unha mirada idealizadora ou romántica do que é o mundo rural. Unha e outra son puntos de vista equivocados e perigosos porque non contan a verdade. O mundo rural hai que vivilo para falar del. De feito, sempre considerei que se algunha solución se atopa para evitar a desaparición do mundo rural sairá dese mesmo mundo.
P. Hai algunha historia ou lenda que lle impactase especialmente durante a investigación?
R. Si, gustoume moito a historia da familia dos Bordas. A mediados do século XIX, e a piques de producirse un levantamento, un golpe de estado contra o réxime de Isabel II por parte dos liberais, no último momento se desarticula ese golpe. Pero iso non ocorre na Mezquita. Como as comunicacións non eran as de agora, e ante a falta de máis ordes concretas, os Bordas lideraron un levantamento liberal que só afectou á Mezquita en toda España. E durante dous anos tiveron en vilo a un reximento do exército que non puido en ningún momento con eles. Cando xa non podían máis, retiráronse, recibindo a amnistía anos máis tarde.
P. Cre que este tipo de obras poden axudar a fortalecer a identidade local?
R. Penso que unha obra non é auga que mova muíño, pero seguro que incitando a mellorar o presente, a xente pode comezar a remover conciencias e recuperar o orgullo de ser do mundo rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"SE LO COMIERON ENTERO"
Un ternero muerto por el ataque de un lobo en una explotación ganadera de Castromil
DESCONCIERTO GENERAL
Un lobo "pasea a sus anchas" por A Mezquita: "La gente está flipando"
Lo último
42 REPRESENTANTES
Ribeira Sacra exhibe su riqueza natural en la Cumbre del Paisaje
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Diez años caminando juntos
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura