29 jul 2025

O profesor Alexandre Sotelino, de Monterrei, Premio Alecrín

O xurado destacou a súa ampla contribución á investigación sobre diversidade cultural e xustiza social. A súa obra científica inclúe estudos sobre o retorno migratorio, a memoria histórica da emigración galega, a relación entre cultura e pertenza e o papel da diáspora na conformación da identidade galega contemporánea.