IGUALDAD Y PARTICIPACIÓN
A Mezquita promove a igualdade con Nós-Outras Mulleres
IGUALDAD Y PARTICIPACIÓN
O Concello da Mezquita desenvolveu unha nova edición da iniciativa Nós-Outras Mulleres, no marco do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, co obxectivo de fomentar a igualdade, previr as violencias machistas e promover o benestar e a autonomía das mulleres.
As actividades desenvolvéronse entre o 1 de xuño e o 25 de setembro de 2026, creando espazos de encontro, reflexión, participación e convivencia para as mulleres do municipio. Ao longo do programa abordáronse cuestións relacionadas coa prevención da violencia de xénero, a identificación das desigualdades, os estereotipos e roles de xénero, así como o fomento da autoestima, o benestar e a autonomía persoal.
A iniciativa do Concello prestou especial atención ás mulleres en situación de maior vulnerabilidade no municipio e contribuíu á creación de espazos de participación, apoio e sororidade, favorecendo a convivencia e a igualdade de oportunidades.
Desde o Concello da Mezquita destacan a importancia de continuar promovendo este tipo de iniciativas como ferramenta para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, xusta e libre de violencias. Recordan ademais que esta iniciativa está a ter “unha moi boa acollida nas aldeas e na capitalidade” e que contou con case medio centenar de participantes durante este ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IGUALDAD Y PARTICIPACIÓN
A Mezquita promove a igualdade con Nós-Outras Mulleres
HOMENAJE AL CENTENO
Galería | El VII Artesanato reúne a más de treinta artesanos en A Mezquita
Lo último
"LA MUÑECA DORADA"
170 comercios de Ourense regalarán cultura teatral
Juan José Feijóo
Al final, irá el rey
FORMACIÓN PARA EL EMPLEO
Empresariales y Turismo imparte talleres para mejorar la empleabilidad