EL VIAJE DE ULISES
A Caniceira estrena en Trives su obra “Pecados capitais”
CULTURA NA EDUCACIÓN
No Instituto de Ensino Secundario Xermán Ancochea da Pobra de Trives, o espírito do Entroido segue moi vivo.
Mentres noutras partes da provincia xa deixan paso aos maios, no instituto trivés o alumnado continúa mergullado nesta tradición, desta volta a través dunha exposición e dunha charla que lles permitiu coñecer de preto algunhas das figuras máis representativas do Entroido ourensán.
A actividade comezou cun encontro con Ismael González, veciño de Laza, peliqueiro e xastre, que explicou ao alumnado as distintas partes do traxe, o seu proceso de elaboración, coidado e posta en escena, apoiándose nun manequí. A charla desenvolveuse nun ambiente moi participativo, cun especial interese por parte dos estudantes, sobre todo daqueles que cada ano se visten de máscaras ou boteiros e dos que forman parte dos fulións da contorna. Para moitos deles, o Entroido non é só unha festa, senón unha vivencia propia, polo que a posibilidade de coñecer de primeira man outra tradición como a de Laza permitiulles comparar, preguntar e descubrir semellanzas e diferenzas co seu propio traxe e xeito de celebrar.
A proposta complétase cunha exposición instalada na sala de xuntas do centro, onde se poden ver diferentes traxes tradicionais: Bonita de Sande, Felo de Maceda, Peliqueiro de Xinzo das Teixugueiras, Pantalla de Xinzo de Limia, Peliqueiro de Laza, Boteiro de Trives, Mázcara da Xironda, Mázcara de Manzaneda (zona de San Martiño) e Vergalleiro de Sarreaus. A maioría das pezas foron cedidas por persoas que as visten durante o Entroido, agás a Pantalla, da Asociación Cultural Rebulir, e o Vergalleiro, cedido pola Asociación Cultural A Caniceira de Trives. No caso do Boteiro de Trives, foi cedido por Diego Rodríguez, membro do fulión A Lardeira.
A iniciativa está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) co obxectivo de achegar ao alumnado a riqueza e diversidade dos entroidos da provincia de Ourense. A través desta mostra, os estudantes poden descubrir semellanzas e diferenzas entre as distintas figuras, ao tempo que conectan co seu propio Entroido desde unha nova perspectiva.
Así, entre traxes, historias e curiosidade, o Entroido continúa deixando pegada nas aulas de Trives.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL VIAJE DE ULISES
A Caniceira estrena en Trives su obra “Pecados capitais”
CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
92 PARTICIPANTES
A Pobra de Trives fai do xadrez festa para todas as idades
Lo último
DOMINADOR ABSOLUTO
Álvaro Muñiz estampa su nombre en la historia del Rally de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 14 de junio