ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
OBRADOIRO
O instituto de ensino secundario Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives acolleu un obradoiro de baile tradicional galego. A actividade foi dirixida polo bailarín, coreógrafo e percusionista Artur Puga, quen impartiu diversos obradoiros teóricos e prácticos orientados á divulgación do patrimonio inmaterial, nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, en relación coa celebración do Día das Letras Galegas e a posta en valor da cultura e da lingua propias.
A proposta, centrada na iniciación ao baile tradicional, desenvolveuse en dúas sesións adaptadas aos distintos cursos. Nunha primeira sesión participaron o alumnado de primeiro e terceiro de ESO, mentres que na segunda quenda foi a quenda de segundo, cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato, que tiveron tamén a oportunidade de achegarse a estes ritmos e movementos tradicionais galegos.
A actividade permitiu ao alumnado entrar en contacto cunha parte esencial do patrimonio inmaterial de Galicia, combinando aprendizaxe, participación e convivencia a través do baile. Ao mesmo tempo, enmárcase no traballo de dinamización lingüística do centro, que busca promover o uso e o coñecemento do galego desde experiencias prácticas e vivenciais.
Desde o equipo organizador destacan a boa acollida da iniciativa, que contribúe a achegar a tradición á mocidade e a reforzar a conexión coa cultura propia nun contexto educativo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
XORNADAS DE FOLCLORE
Seis países toman el oriente provincial al ritmo del folclore en Trives y Viana
Lo último
DUELO INTERESANTE
El Ourense CF quiere sorprender a un potente Marino
DESCARTAN SUSTITUIR A SÁNCHEZ
El PSOE justifica la respuesta en Ceuta al no alertar los informes de la "magnitud" de la entrada migratoria