A Teixeira impulsa os Consellos parroquiais

CONSELLOS PARROQUIAIS

O Concello de A Teixeira inicia unha serie de reunións para explicar o novo modelo de Consellos parroquiais

Unha das reunións mantidas esta pasada fin de semana sobre asambleas parroquiais.
Unha das reunións mantidas esta pasada fin de semana sobre asambleas parroquiais. | La Region

O Concello de A Teixeira puxo en marcha un proceso de participación veciñal coa creación dos Consellos parroquiais, unha iniciativa aprobada previamente por unanimidade no Pleno municipal, na que se creou o regulamento de participación veciñal. O obxectivo desta medida é establecer un espazo de representación para os veciños, onde se integrarán tamén asociacións locais, membros do equipo de goberno e vogalías dos diferentes partidos políticos, estes últimos con voz pero sen voto.

As primeiras reunións informativas tiveron lugar esta fin de semana, o sábado 8 e o domingo 9 de febreiro, nas parroquias de Santa María de Sistín, San Martiño de Pedrafita e Boazo.

O alcalde de A Teixeira, Xosé Vázquez, xunto co equipo de goberno, presentou as contas municipais, detallou os proxectos levados a cabo ata o momento e expuxo as previsións para 2025. Segundo fontes municipais, a asistencia foi positiva, a pesar de tratarse dunha época do ano na que moitos veciños non residen nas parroquias.

Este novo modelo de participación vai máis alá da tradicional figura do pedáneo, xa que busca constituír equipos de traballo en cada parroquia para abordar cuestións clave como infraestruturas, medio ambiente, educación e cultura, entre outras.

O calendario de reunións continúa nas vindeiras semanas coas seguintes convocatorias: en Cristosende e Montoedo reuniránse o sábado 15 de febreiro ás 18,00 horas no Local Social de Cristosende, na Teixeira o domingo 16 de febreiro ás 11,00 horas no Local Social da Rúa Peneliña. Dentro de dúas fins de semana será a quenda de A Abeleda o sábado 22 de febreiro ás 17,00 horas no Bar Lelo e finalmente en Lumeares o domingo 23 de febreiro ás 11,00 horas na Palleira. Os horario poderánse cambiar se surxen outras necesidades.

O Concello anima a todos os veciños a asistir a estas asembleas para formar parte activa da toma de decisións e contribuir ao desenvolvemento da comunidade.

Contenido patrocinado

stats