Crianza Trevinca converte A Veiga na capital agrogandeira de Galicia
FEIRA REFERENTE
A V Exposición Agrogandeira da Veiga encheu a vila con exhibicións prácticas e degustacións de produtos locais
A área recreativa do Coiñedo da Veiga acolle dende este sábado o V Crianza Trevinca, unha exposición agrogandeira que reúne gando bovino, ovino, caprino ou equino, demostracións con maquinaria agrícola e postos con produtos agroalimentarios, e que combina tradición, innovación e posta en valor do rural.
Na inauguración, trala música da banda de gaitas local, tomou a palabra o alcalde, Juan Anta, quen agradeceu a “axuda” da Xunta e da Deputación, a través de Agader e do Inorde, respectivamente. Afirmou que tralos lumes “había máis motivos para celebrar este evento, e destacou o papel de “gandeiros e agricultores, a alma deste concello e un exemplo que escoitar e agradecer os 365 días do ano”.
Pola súa parte, o presidente do Inorde e deputado de representación institucional, Rosendo Fernández, salientou a “memoria histórica agrogandeira” da vila, exaltada cunha “feira 3.0 grazas a un alcalde novo que recuperou o tradicional”. Paz Rodríguez, directora de Agader, subliñou a Crianza Trevinca como cita “referente sobre o noso potencial agroalimentario”.
Ao longo do día, o numeroso público asistente desfrutou de diversas exhibicións, como as de cans de pastoreo, actividades agroforestais con tracción animal moderna ou uso de GPS e valado virtual para o gando, entre outras. Estas maridáronse con degustacións de tenreira ecolóxica, produtos elaborados con castañas e cogomelos e catas con viños da D.O. Valdeorras.
Tampouco faltaron exposicións de gando, maquinaria agrícola, razas autóctonas e produtos agrícolas locais toda a xornada, postos de artesanía e actividades infantís. Tralo peche, houbo música e festa, cun concerto de Xisco Feijoo na Praza do Toural.
Segundo e último día
O programa continúa este domingo ata as 14,30 horas cun campionato de bolos, novas exhibicións de podoloxía equina e equitación, e un concurso de acarabuñado da gadaña. Ademais haberá un obradoiro infantil e unha cata de viños xunto con mel
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FENÓMENO ASTRONÓMICO
A Veiga, la mejor atalaya para el eclipse solar por su altitud
CURSOS Y PRIMEROS AUXILIOS
Comuneros de Xares dotan de desfibrilador a los vecinos
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Bruselas alerta de una posible crisis energética “sin precedentes”
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno