A localidade de Sande, Concello de Cartelle, a través da Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, están inmersos no desenrolo de diferentes actividades para que os veciños e visitantes poidan pasar o seu tempo de lecer en diferentes actividades. Ademais de cine, obradoiros para a cativada e unha ruta nocturna, este ano levouse a cabo a sementeira de centeo e trigo que foi segada por un grupo de veciños para que o vindeiro día 14, se leve a cabo a malla tradicional.