CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
Quen era Plácido Castro?
Era un poeta e unha persoa moi ligada ao Partido Galeguista nos anos 30. No periodo comprendido entre o 49 e o 55 estivo traballando na BBC e era o home máis culto dos galegos que había por alá naquel entón. Era un nacionalista. Pero non foi a persoa que puxo aqueles programas en galego en marcha, senón que foi Alexandre Manuel Raimúndez, que era de Ourense.
Como xorden eses programas?
O “Foreign office” inglés decide que así se faga. Toda a política exterior da BBC está marcada polo “Foreign office” - Ministerio de Relacións Exteriores- dende antes da Segunda Guerra Mundial. Danse conta de que hai que gañar a batalla nas ondas e, no ano 39, comezan as emisións en castelán e, no 41, as específicas para España para contrarrestar a propaganda Nazi. Logo do remate da Segunda Guerra Mundial, no ano 46, España está illada internacionalmente. A BBC, a iniciativa dun catalán que se chama Josep Manyé e Alexandre Raimúndez, que traballan alí na sección española, deciden impulsar unha serie de programas en catalán, galego e vasco.
Cando e onde se emitían eses programas?
Dende Londres, os luns emitíase un programa en galego, en vasco e en catalán dende a BBC internacional. A condición era que tiñan que ser formatos estritamente culturais.
Alexandre Manuel estaba exiliado alí?
Si, en Londres, despois da Guerra Civil. Fora catedrático nas escolas de comercio de Madrid e de Barcelona. Pero, dende o ano 39, está en Londres. No 41 abren oposicións para que a xente entre a traballar na BBC.
De que tratou o primeiro programa?
Chamábase “Galician program”. Foi o 14 de abril do 1947 e tratouse dunha audición do xornalista Augusto Assía (A Mezquita, 1904). En Londres non había moitos exiliados galegos, polo que se solicitaban colaboracións en Galicia como a de Ben Cho Shey ou Fernández del Riego, de Vigo, que foi un dos que máis colaborou. Mandábanse a Alexandre Manuel por correo ordinario ou a través da embaixada. Eran colaboracións sempre pagadas porque a BBC non quería colaboradores gratuitos. O último programa galego foi en xaneiro de 1956. Foron 83 programas e 110 colaboracións.
Que contido cultural se tratou?
Literatura, libros publicados, etnografía, semblanzas sobre Castelao… Tamén houbo programas de arte, de viaxes ou economía.
Vostede cre que é importante que se recoñeza o labor feito naquel tempo.
Si, penso que a Xunta podería colocar unha placa na BBC, onde hai outras, para agradecer o traballo de Alexandre e Plácido. Eu quero facer unha monografía sobre Alexandre, que ten unha historia persoal apaixoante. Os programas en galego na BBC aportáronlle visibilidade mundial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
FALLO EN LAS LÍNEAS DE TRANSMISIÓN
Cuba sufre un nuevo apagón total de su sistema eléctrico, el octavo en el 2026
INICIO DE TEMPORADA
Moncho López: "Queremos ganar la final"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?