Allariz acolle a presentación dun libro sobre Modesto Seara
Alaricano ilustre
O Concello de Allariz acollerá o vindeiro venres 29 de setembro, ás 19,30 horas, no Salón de Plenos, a presentación do libro “Modesto Seara y su preocupación por la catástrofe mundial”, obra do xurista e notario mexicano Luis de Guadalupe Martínez.
O libro recolle a análise que Modesto Seara Vázquez, ilustre alaricano falecido en decembro de 2022, fixo ao longo da súa vida sobre os riscos que afronta a humanidade diante da deriva autoritaria dos gobernos poderosos e a carreira armamentística, que poñen en perigo a paz e o benestar social.
A publicación destaca os lazos de unión entre Huajuapan de León e Allariz, dous lugares fundamentais na vida de Modesto Seara, que expresou o seu desexo de descansar en ambos: as súas cinzas foron depositadas nas dúas vilas, que definía como “patrias pequeniñas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz