Allariz consolida o padrón e chega xa aos 6.502 habitantes
Ana Pontón destacou o proxecto alaricano como “alternativa á crise demográfica” ourensá
Aproveitando a visita á vila alaricana da líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, o goberno local de Allariz fixo balance do seu proxecto de traballo e puxo enriba da mesa as iniciativas levadas a cabo nos últimos tempos, especialmente, as destinadas a frear a crise demográfica: “As políticas que se aplicaron aquí serviron para que Allariz teña mellor calidade de vida e máis habitantes”, explicou a alcaldesa, Cristina Cid, ao remate do primeiro dos encontros con Pontón e no que participou o seu equipo de goberno.
Segundo certificou a rexedora, a día de hoxe Allariz conta con 6.502 habitantes. Esta cifra constata a tendencia crecente do padrón nos últimos anos e a importante suba que se deu no ano da pandemia -preto de 100 persoas-. A peche do 2021, o número de empadroados estaba nos 6.314.
Ana Pontón calificou ao Concello de Allariz como “un emblema” e un exemplo de que “hai alternativas en política”. Pontón engadiu que “cando se traballa man a man cos sectores máis dinámicos é posible reverter as tendencias máis negativas. A crise demográfica se sinte especialmente na provincia de Ourense e ten provocado que esta sexa, dentro do estado español, unha das máis envellecidas. Nos últimos 20 anos perdéronse 30.000 habitantes”. En Allariz, Pontón tamén se reuniu co tecido empresarial antes de desprazarse ata Sarreaus e Xinzo, onde celebrou un encontro cos cidadáns.
CONTRA A VIOLENCIA
Pontón condenou os últimos crimes machistas e subliñou que, na derradeira reunión de seguimento do pacto de investidura asinado co PSOE, avanzouse na proposta para crear xulgados de Violencia de Xénero en Santiago, Lugo e Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios