Maceda activa o seu programa de acollida de verán para favorecer a conciliación
A concelleira de Servizos Sociais, Ana María Rodríguez Blanco, afirmou que o Goberno local “considera a axuda á conciliación unha prioridade, por iso fomentamos o coidado e as actividades lúdicas dos nenos e das nenas no verán”.
O Concello de Maceda vén de activar o seu programa de acollida de verán para favorecer a conciliación familiar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Neste senso, haberá tres iniciativas nas que poderán participar os cativos do municipio -sempre que as inscricións se formalicen antes do vindeiro día 17 de xuño-: o Contacontos acollida, a Ludoteca no verán e a Acollida no verán.
A actividade de Acollida no verán será a máis duradeira, pois prolongarase do 23 de xuño ata o comezo do curso 2022 / 2023. Permitirá aos cativos do Colexio de Maceda -xa inscritos ou non neste servizo-, así como aos empadronados na vila, disfrutar del en horario de 07,30 horas a 16,00 horas de luns a venres.
Maceda tamén contará co proxecto Contacontos acollida, aínda que, nese caso, será soamente durante o mes de agosto de luns a venres -a excepción dos días 8 e 9 dese mes- e estará dirixido ao alumnado da escola infantil municipal. Durante o periodo que dure a proposta, fomentaranse as habilidades sociais dos cativos mediante os xogos.
Por último, a Ludoteca no verán estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto -de luns a venres e a excepción dos días 8 e 9 de agosto- e as actividades neste caso celebraranse nas piscinas municipais, no parque multiusos, na pista de pádel ou no pavillón Pablo Rodríguez Guede.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana María Rodríguez Blanco, afirmou que o Goberno local “considera a axuda á conciliación unha prioridade, por iso fomentamos o coidado e as actividades lúdicas dos nenos e das nenas no verán”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia