CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
24 ZONAS
O Concello de Allariz continúa avanzando no seu compromiso coa xestión sostible dos residuos coa creación dunha nova zona de compostaxe comunitaria destinada a dar servizo á área do camping, elevando a 24 o número total de zonas de compostaxe comunitaria existentes no municipio. Esta actuación amplía a rede municipal de tratamento de biorresiduos e achega este servizo a máis espazos e á veciñanza.
A actuación súmase ao impulso continuado da compostaxe doméstica, coa distribución ao longo deste pasado ano 2025 de 100 novos composteiros particulares, fomentando a separación na orixe e a implicación directa da cidadanía na redución de residuos.
Allariz conta ademais cun Punto Limpo e Punto de Recuperación Municipal, que facilita a correcta xestión de residuos especiais, voluminosos e reutilizables, promovendo a economía circular e a redución de residuos destinados a vertedoiro. A este servizo engádese o Punto Limpo Móbil, que percorre periodicamente os distintos núcleos do municipio, facilitando o acceso da cidadanía á separación correcta dos residuos con independencia do lugar de residencia.
Dende o Concello afirman que estas políticas axudan a presentar bos datos en reciclaxe, compostaxe e seperación de residuos, “froito dun modelo baseado na proximidade de servizos, a educación ambiental e a responsabilidade cidadá”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
PULSO CON LA OPOSICIÓN
Fracasa entre amenazas la macromodificación de crédito en el pleno del Concello de Ourense