ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
Primeira vez que participou cos seus compañeiros neste festival e foron escollidos, ¿Que supón ser a representación galega?
É un orgullo para nós. Podíamos non ter sido seleccionados. Representar a Galicia neste caso e, sobre todo, a Rosalía de Castro, a nosa gran poetisa, supón moito para nós.
Como xurdiu a idea de presentarvos ao festival?
Pareceunos que, esta nova edición, tiña unha temática moi interesante: a poesía. Temos, ademais, amigos que se presentaron ao festival noutros anos e tiveron a sorte de ter o seu xardín. Miña nai insistiume moito, díxome "Este ano, que o festival vai sobre a poesía, ¿por que non lle facedes un xardín a Rosalía de Castro?" E de aí xurdiu un pouco a idea. Comenteillo aos meus amigos para levala a cabo e pensar un pouco no proxecto que queriamos presentar.
E sobre o concepto, ¿Que queren transmitirlle ao espectador?
Escollemos o poema de "Adeus ríos, adeus fontes" co obxectivo de homenaxear á emigración que, por desgraza, houbo moita no pasado, pero tamén está afectando á xente moza nestes tempos. Gustaríanos que o visitante poida sentir como era a marcha da propia terra e a chegada ao destino. A parcela parte da nosa terra e vai percorrendo as fontes, a nosa horta, a figueiriña... A través dos versos do poema. Queriamos simular o cheo da nosa terra, e o baleiro que che produce ó marchar. Cando pasas a igrexa atópaste un embarcadoiro e non hai nada máis, sentes o baleiro que hai detrás. Hai unha imaxe de La Habana e unhas pegadas no chan representando o camiño de retorno á túa terra, que é a onde che gustaría voltar.
Que materiais empregaron?
Utilizamos, sobre todo, a madeira para a estrutura central, que é o que separa o cheo da terra do baleiro da marcha. A madeira é un material tamén moi noso. Tamén hai espellos e unha espectacular fonte de pedra, tallada por un canteiro de aquí. Estamos moi agradecidos porque o noso proxecto executouse tal cual. Para nós o gran premio é que o xardín estea executado.
Por que escolleron a Rosalía?
Poderiamos escoller a moitas poetisas galegas: dende Iolanda Castaño, a Celia Parra. Todas elas teñen un valor incríble para nós, pero Rosalía está moi identificada coa nosa cultura. Teño claro que perdurará ao longo dos anos, e temos que facer todo o posible para que a nosa lingua, o galego, tamén o faga. Desto tamén se encarga o Festival de Xardíns e o Concello de Allariz todos os días. Eu tamén tiven a sorte de estudar en Xinzo de Limia e sempre tiven mestres que me ensinaron o galego. É a miña lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán
SIN RIESGO DE TSUNAMI
Registrado un terremoto de magnitud 7,2 en el sur de Perú
EQUIPO DE RESPUESTA
Corea del Norte lanza una decena de misiles balísticos hacia el mar de Japón