O BNG dalle luz verde ás contas de Allariz para o exercicio 2016
ALLARIZ
O capítulo de investimentos, con 866.000 euros, prioriza a posta en marcha do programa de reciclaxe
A Corporación municipal de Allariz deulle onte á tarde luz verde ós presupostos do Concello para o vindeiro ano 2016, co voto a favor dos nove concelleiros do BNG que respaldan ó grupo de goberno, e o voto en contra dos tres edís do PPdeG. A concelleira do PSdeG non puido asistir á sesión plenaria por motivos laborais.
O goberno que preside o nacionalista Francisco García xestionará un total de 6,1 millóns de euros, cantidade á que ascenden os ingresos previstos, mentres que os gastos chegarán ata os 5,6 millóns. A diferencia de medio millón de euros servirá para facer fronte ó remanente de tesourería negativo do exercicio anterior.
O capítulo adicado a investimentos supera os 866.000 euros, un 15% do total dos orzamentos, capítulo no que terá unha prioridade principal o desenvolvemento do Programa RE de reciclaxe e tratamento de residuos orgánicos, xunto coa mellora da eficiencia enerxética. Entre os investimentos previstos resaltan tamén a potenciacion do parque empresarial de Chorente, as intervencións na Reserva da Biosfera, xunto coa pavimentación da rede viaria municipal e a mellora de infraestructuras e servizos incluidos no programa estratéxico Allariz 2020.
Neste capítulo de investimentos o Concello tamén resalta a VII edición do Festival Internacional de Xardíns e o programa de escavacións no Castro de Armea, polo retorno económico que xeran.
O alcalde alaricano, Francisco García, considera que estas contas reforzarán o papel do concello "como locomotora da actividade económica", xunto co mantemento e mellora dos equipamentos e servizos públicos, "que incrementan a calidade de vida dos veciños".
No capítulo dos gastos, os referidos ó persoal son os de maior entidade, con 2,1 millóns de euros, que García xustifica pola "ampla carteira se servizos que xestiona directamente o Concello.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 13 de diciembre, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada