TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
RADIO OCÉANO
Co gallo desta efeméride, a Fundación Vicente Risco, cuxa sede se sitúa en Allariz, onde tamén se sitúa a Casa Museo do autor ourensán, celebra este sábado unha serie de eventos para conmemorar este aniversario englobados baixo o título “Nace un mozo”.
O momento máis especial da programación de todo o día acontecerá á noite, no establecemento Roi Xordo de Allariz. A partir das 23,00 horas celebrarase un evento nomeado “Rock&Risco”, que combinará un concerto da banda galega de punk Radio Océano.
Ademais, neste acto musical tamén actuará o cantante e acordeonista Xurxo Souto, que interpretará a poesía de Vicente Risco.
Pola mañá, ás 12,00 horas, terá lugar un roteiro “risquiano” e dramatizado pola vila alaricana, dende a Fonte da Barreira.
Ao remate, a partir das 12,30 horas, na sede da Fundación celebrarase o aniversario de Vicente Risco. Ao igual que o resto de actividades previstas ao longo do día, estará aberta a tódolos interesados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior