ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
140º ANIVERSARIO
Os alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria (C.E.I.P.) Vicente Risco de Cualedro non sabían por que foran convocados na biblioteca. O único que lles dixeran era que terían visita e máis nada, polo que a expectación era máxima entre os rapaces.
Á hora acordada, a porta abriuse e alí apareceu puntual unha muller cargada cunha maleta antiga. A cativada puido por fin coñecer a Elvira Bao, mestra coruñesa que, xunto co seu marido, Bernardino Varela, encargara a Vicente Risco tres contos en 1921: “O Rei avarento”, “O labrego e máis o Rei” e “A dona encantada”.
Tres das historias fundacionais da literatura infantil en lingua galega, un pretexto hai máis de cen anos para manter daquela viva a lingua a través dos máis novos.
Co mesmo propósito, pero un século máis tarde, a educadora ambiental e escritora infantil Inma Soto meteuse na pel da neta de Elvira Bao durante unha hora, e foi pouco a pouco introducindo aos alumnos de Primaria no mundo destes contos que Risco creou seguindo a tradición popular galega.
Unha actividade na que Soto foi quen de sumerxir a máis de vinte rapaces de distintos cursos nun universo de fantasía, habitado por reis, moinantes, princesas e bestas, pero nunha época na que o galego estaba perseguido, usando unicamente a narración oral. Malia todo, preguntados por se querían escoitar algunha historia máis, a resposta dos cativos foi unánime: “Si, outro conto!”
A única condición que lles puxo a contacontos foi que “protexeran, coidaran e usaran a lingua galega”. Un patrimonio que a Fundación Vicente Risco trata de pór en valor a través de actividades como esta, “Os marabillosos de Risco”, en colexios de Galicia vencellados á biografía do escritor, político e intelectual, a piques de cumprirse 140 anos do seu nacemento.
Inma Soto, nada en Ourense pero establecida en Xermade, afirma que atopou no conto “unha ferramenta para o meu traballo como educadora ambiental, para defender o noso patrimonio natural, pero tamén para trasladarlle á nosa lingua e cultura á infancia”.
No 2022 acabou por unir ambos mundos coa publicación de “Xela, a superheroína da aldea”, un libro infantil escrito por ela e ilustrado por Clara Cerviño, co que quixo “empoderar aos nenos e nenas do rural e que se sentiran orgullosos do galego, algo que os fai únicos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín