ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Festa da Empanada
A Festa da Empanada cambiou de localización para celebrar a súa última xornada cunha festa campestre, que estivo ateigada de actividades e actuacións.
Este domingo estival deu comezo pola mañá co pasarrúas da Banda Cultural Instructiva Musical Genovés, chegados dende Valencia, pondo a música antes do desfile de Xigantes e Cabezudos.
Ás 12,00 horas, os tradicionais personaxes saíron dende a praza do Matadoiro acompañados do grupo de gaitas De Pé Feito ata chegar ó Campo de Vilanova, onde centos de veciños os esperaban.
Alí, a banda de música de Valencia ofreceu un concerto que puxo banda sonora ó xantar, que consistiu en polbo e churrasco, e como non podía ser doutro xeito, acompañados de empanada e viño.
A sobremesa e a troula continuaron ata a tardiña co concerto de Os d’Abaixo, “15 anos ao carón da tradición”, ás 19,30 horas.
A Festa da Empanada rematou cun baile popular nos Xardíns do Museo do Coiro a cargo da orquestra La Oca Band e que fixo mover os esqueletos dos alaricanos dende as 21,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
Lo último