ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz superou, dende maio, a barreira dos 25.000 visitantes e prepara novas actividades para dinamizar aínda máis este espazo antes de que remate a presente edición, dentro de dous meses.
Este evento, que constitúe un dos principais reclamos turísticos da vila alaricana e cada ano consolídase como un referente tanto para público especializado e profesionais do sector, como para as persoas visitantes que se achegan a ver os xardíns dedicados este ano a poesía; estivo ao longo destes meses máis vivo ca nunca e foi escenario de tres recitais poéticos durante o periodo estival. Esta iniciativa pretendeu achegar á cidadanía este xénero literario nun marco incomparable e por medio do contacto coa natureza.
A poesía volverá aos xardíns alaricanos o vindeiro día 2 de Outubro. Será coa oitava edición do Poemagosto -Festival Internacional de Poesía de Allariz- que contará coa participación de importantes figuras dentro da poesía galega e internacional como por exemplo Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Lorena Conde, Samuel F. Pimenta ou Itisha Giri e Zahra El Hasnaui.
Precisamente, este mesmo escenario acolleu este verán unha actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia e tamén á agrupación Teatro en Vilo, que presentou a súa obra “Hoy puede ser mi gran noche”. Durante o periodo estival tamén se levaron a cabo no espazo do festival concertos especiais, como o que ofreceu a banda Tandub Ou, ademais doutras moitas actividades.
A edición da Poesía pechará as súas portas o próximo día 31 de outubro. Será nese intre cando comece xa a prepararse a edición do vindeiro ano 2022. Neste senso, ata o día 30 de novembro deste mesmo ano permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira convocatoria baixo o titulo de “Xardíns terapéuticos, deseños que curan”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán
SIN RIESGO DE TSUNAMI
Registrado un terremoto de magnitud 7,2 en el sur de Perú
EQUIPO DE RESPUESTA
Corea del Norte lanza una decena de misiles balísticos hacia el mar de Japón