TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ENTREVISTA
Como o están levando?
Entre levar medicamentos e alimentos a xente que está soa, ou coas desinfeccións nas 56 aldeas e na propia vila pois estamos agobiados. Hai nenos e maiores con problemas, sexa hiperactividade, autismo, ou problemas de saúde e que precisan saír e estámolos acompañándoos para que teñan unha cobertura 100% segura. Iso come moitísimo tempo, pero hai que capear o problema como sexa, e é o momento.
Como se portan os veciños?
Están colaborando moito, sobre todo desde que colgo os vídeos, a xente reacciona ao ver e que llo están dicindo cara a cara e que non é broma. Unha cousa é non alarmar a cidadanía, e outra que te vexan moi relaxado...
Faise difícil para os voluntarios?
Temos unha compañeira psicóloga que está encima de nós seguido. Isto desgasta moito. Os rapaces están adquirindo unha sobredose de adrenalina e cando están na casa para descansar están chamando continuamente por se hai que volver. Nunca viviran algo así. Estamos todos sacrificando moito, teño dous nenos pequenos e que estean na casa e non os poidas tocar porque eres un elemento de risco, faise duro...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz