Óscar Doviso, director do festival de curtas de Allariz: “Ofrecemos comedia e humor para todos”
ENTREVISTA
O director e produtor cinematográfico Óscar Doviso (Ourense, 1978) leva dirixindo o Festival RiR de Allariz dende a súa creación no ano 2018
Nesta entrevista Óscar Doviso fai unha valoración desta última edición e do futuro do festival RiR de Allariz.
Que valoración fai desta séptima edición do RiR?
Dende logo que moi positiva, porque seguimos a medrar de forma totalmente sostible, pasiño a pasiño. Isto nos dá pé a sentar unhas boas bases, e tamén un público fiel, que vemos que repite edición tras edición. Iso significa que a programación é acorde para facer as delicias da xente, e que funciona moi ben o boca a boca. Os espectadores van vindo con máis xente, polo que cada vez temos máis público.
É importante contarmos con festivais máis alá das cidades.
Moito, cómpre xerar unha rede de festivais audiovisuais para o futuro. Nós por exemplo temos moitísima cativada, e esta é a forma de inculcar o valor do audiovisual e de fomentar neles o amor polo cinema. Todos lembramos cando éramos pequeniños ver algo en pantalla grande. E iso hoxe, por desgraza, estase perdendo.
É clave atopar un nicho?
Dende un primeiro momento, antes da edición número un, tiña moi claro que un festival sempre debe ter unha temática e un obxectivo claros. Do contrario o público anda perdido, porque ti, como creador, tamén andas perdido. Como normalmente soen ser de xéneros fantásticos ou de terror, pois pensamos que a comedia era o ideal. Ademais Allariz é unha vila moi familiar, á que acuden moitas familias con nenos. E a comedia que ofrecemos é apta para tódolos públicos. Non é que sexa infantil, senón que é para todos, que é diferente. Desa forma para as familias é unha liberación, non teñen que pensar, “e agora que facemos cos nenos?” E todos desfrutan, porque os rapaces séntense un espectador máis.
Por onde pasa o futuro do RiR?
Por seguir medrando paseniño, cunha programación sempre de calidade. Para nós é moi importante coidar e mimar, sobre todo, a selección oficial. Este é un festival fundamentalmente de curtametraxes, E aí queremos pór a maior atención. E ademais pór en valor o noso medio rural, por iso estamos no pacto pola cultura sustentable.
Que supón para vostede dirixir este certame?
Eu desfruto tanto do proceso como da direción e os resultados. Levo dende o inicio na produción do festival xunto co José Freiría, de Escena Sonora. Pero o máis bonito é ver xente maior, que igual vive soa, vir e pasalo en grande.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
SUMINISTRO DE MATERIAL
Una inversión millonaria para la cirugía vertebral de la sanidad ourensana
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 19 de mayo?
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 19 de mayo