O Parque Ansuiña, en Baños de Molgas, sen fume
ANTITABACO
Esta iniciativa promove a creación de ambientes libres da exposición ao dano do tabaco
A iniciativa “Espazos Sen Fume” continua crecendo coa presentación do espazo máis votado no Concello de Baños de Molgas, o cal é o Parque Ansuiña.
A veciñanza elixiu o seu espazo libre de fume en Baños de Molgas. Esta iniciativa é unha proposta da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada.
“É xerar contornas saudables para protexer a nosa saúde e previr enfermidades”, explican dende a Asociación Española contra o Cancro, que xurde como unha acción concreta para apoiar e complementar a estratexia actual fronte ao tabaquismo fixando a mirada na protección da saúde dos menores.
“O tabaco é causante dun dano importante sobre o medio ambiente que excede o ciclo de vida do cigarro. Empeora a calidade do aire mesmo en espazos abertos e contamina o chan e a auga durante moito tempo a través das cabichas”, comunican dende Asociación Española contra o Cancro.
“Con esta iniciativa búscase promover unha vida libre de fume que protexa, sobre todo, á poboación xuvenil; desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos, reforzando o papel modélico positivo dos adultos en relación co consumo de tabaco, e incentivar o abandono do hábito tabaqueiro e axudar no proceso”, detallan dende a Asociación Española contra o Cancro.
O plan de actuación para seleccionar o espazo consistiu na realización dunha votación accesible a toda a poboación a través das canles dixitais da Asociación Española contra o Cancro e do Concello de Baños de Molgas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECLAMACIÓN AL EJECUTIVO
La Xunta pide debatir sobre la financiación autonómica
Fernando Ramos
La verdadera dimensión de Zapatero más allá del Plus Ultra
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El FMI reclama a España que acelere la consolidación fiscal
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo