CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
VIAXABA NUN AUTOBÚS MADRID-GALICIA NA A-52
Esta mañá de venres, unha muller sufriu unha parada cardíaca dentro dun autobús que viaxaba de Madrid a Galicia. Sucedeu na A-52, onde varios ocupantes alertaron aos servizos de emerxencia da situación da vítima. Finalmente, foi reanimada en Allariz, onde a operación dos membros de Protección Civil foi clave. O responsabe de PC de Allariz, Miguel, acudiu á voz de alarma. Horas despois da fazaña, narra que "Foi un pouco caótico polas indicacións, eran xente de fora, non sabían onde estaban".
Unha vez no punto e despois de que un veciño lle aplicara as manobras de RCP, os membros da Protección Civil alaricana utilizaron o desfibrilador semiautomático (DESA): "Entendemos que xa viña sen pulso desde a autovía. Chegou nun momento crítico, levaría 10 minutos en parada"
Malia a crudeza da situación, os voluntarios non desistiron ata conseguir reanimar á vítima: "Estivemos sobre 40 minutos facendo manobras ata que conseguimos que tivera latido", recorda o responsable.
Despois de devolverlle o pulso á muller, esta foi trasladada en ambulancia para recibir asistencia médica. Ata o punto se trasladou tamén un helicóptero medicalizado, O seu pronóstico se descoñece, pero Miguel admite que "nos gustaría saber dela para coñecer que tal está".
As manobras dos voluntarios resultaron decisivas para rescatar a vida da vítima. Os sanitarios, tras a actuación, aproveitaron o intre para felicitar aos membros de Protección Civil de Allariz: "Agradecéronnos e felicitáronnos pola actuación, tamén nos chamaron da central do 061 de Santiago, para darnos grazas por axudar": relata Miguel, aínda coas emocións a flor de pel, e remata asumindo que só seguiu a chamada do seu deber: "Para iso estamos".
Logo de acudir ao hospital, fontes oficiais confirmaron o falecemento da muller. Malia que acudiu ao centro todavía con pulso, as autoridades sanitarias confirmaron a morte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense busca los primeros puntos del curso