“Afinidades Afectivas” no espazo Bencomún alaricano

Literatura

A sexta edición do programa ‘Afinidades Electivas. Encontros literarios en librerías’ estivo organizada pola librería Aira das Letras

Eladio Santos xunto a Marta e Suso de Toro no espazo Bencomún.
Eladio Santos xunto a Marta e Suso de Toro no espazo Bencomún.

A sexta edición do programa ‘Afinidades Electivas. Encontros literarios en librerías’ celebra desde xuño e ata outubro citas entre autores e ilustradores en diferentes establecementos independentes de España, entre eles, dezaoito librarías galegas, coma a Aira das Letras, en Allariz, que hospedou este encontro no espazo Bencomún a pasada fin de semana.

A iniciativa consiste no diálogo entre dous creadores, seleccionados pola libraría que organiza a actividade, e que escriben en diferentes linguas de España. Neste caso os protagonistas foron Marta Sanz e Suso de Toro, e ó encontro tamén asistiu o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, que destacou o papel da literatura para “descubrir mundos diferentes, medrar como sociedade e lograr maior liberdade”.

O subdelegado felicitou aos dous escritores polo seu traballo. Calificando a Marta Sanz como “unha das voces máis potentes da literatura en castelán”, e a Suso de Toro como “un referente da cultura en galego, cunha obra que pon o acento na identidade”.

Contenido patrocinado

stats