40 MINUTOS DE MANIOBRAS
Muere un hombre tras ser rescatado inconsciente del río Arnoia en la zona de Acearrica, Allariz
"a arte do xardín efémero"
“Imaxinación en flor: a arte do xardín efémero” é o lema baixo o cal a Asociación Española de Paisaxistas (AEP) organiza unha xornada profesional en Allariz, que terá lugar o vindeiro venres, 3 de outubro.
O Fogar do Maior alaricano converterase no escenario para un encontro que reunirá a especialistas, académicos e profesionais do paisaxismo para desfrutar dunha xornada ateigada de conferencias, mesas de debate e experiencias creativas, así como unha visita ó Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA).
A cita dará comezo ás 9,00 horas ca presentación institucional, na que participará a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto ó presidente da AEP, Iñaki Viñuela. A continuación, Francisco García, o director do FIXA ofrecerá unha exposición sobre a orixe do Festival de Xardíns alaricano.
Logo será a quenda de Íñigo Segurola, socio da AEP, que falará sobre o LUR Garden, “Jardín de Jardines”, antes da primeira pausa da xornada. Á volta, será a quenda de Tino Feijóo, responsable da construción do FIXA, quen falará sobre “La construcción de un jardín efímero. Del papel al terreno”.
Ás 12,30 horas dará comezo a mesa redonda, que estará moderada por Charo Piñango, paisaxista e socia da AEP, e na que participarán Manuel Sánchez, profesor e representante internacional da AEP; Ralque Casas, directora do master de paisaxismo da UPM e xurado do FIXA, xunto con Juan A. Caridad, coordinador do grao en Paisaje da UDC.
Durante a velada farase a entrega de premios “Xardín Galego” da Asociación Galega de Empresas de Xardineira (AGAEXAR), da man da alcaldesa e Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente de Allariz.
Despois da pausa para xantar, continuarán as exposicións pola tarde, da man de José Souto, Sinda Dávila, Adriana Villar e Lara Caamaño, que centrarán os seus relatorios no FIXA e nas experiencias creativas para ós estudantes de paisaxismo.
Para rematar, farase unha visita á edición 2025 do Festival Internacional de Xardíns, que este ano está centrado no cambio climático como unha oportunidade para o xardín, ademais dos xardíns gañadores da edición anterior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
40 MINUTOS DE MANIOBRAS
Muere un hombre tras ser rescatado inconsciente del río Arnoia en la zona de Acearrica, Allariz
CULEBRA DE ESCALERA
Las serpientes se cuelan en las casas de Allariz: "Este mes van tres ou catro"
Nuevas herramientas
Los emprendedores apuestan por la inteligencia artificial en Baños de Molgas
NARRATIVA BREVE EN GALLEGO
El XI Premio de Novela Corta Antón Risco 2026 ya tiene ganador: “Azul”, de Mon G. Buhigas
Lo último
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
AFIRMAN QUE ESTABA OKUPADO
Vídeo | Un incendio de gran virulencia devora en minutos un edificio completo As Caldas