FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
OFICIOS TRADICIONAIS
Os oficios tradicionais están de moda, e cada vez máis xente se anima a probar tarefas que ata hai ben pouco, semellaban percorrer o camiño do esquecemento. Allariz celebrou este luns na Alameda o “Día Internacional de Tecer en Público”, unha cita que celebrou a súa terceira edición convocando a decenas de persoas.
A xuntanza busca reivindicar o tecido na rúa como “espazo de encontro, creatividade e visibilización dun traballo historicamente realizado polas mulleres”, así o aclaran dende a organización. Desta volta, o espazo acolleu a preto de 30 “ganchilleiras, tecedoras, bordadoras, calceteiras e demais artesás do tecido”, consolidando a cita que arrincou no 2024 arredor da conversa e a convivencia entre veciñas.
A tarde do luns, labores “tradicionalmente relegadas ao ámbito doméstico e moitas veces invisibilizadas por ser consideradas tarefas de mulleres” saíron á rúa para realizar “un pequeno acto de recoñecemento dese traballo”, recuperando unha imaxe máis habitual de vello como era ver ás mulleres coa cadeira á fresca coa labor na man. Como non podía ser doutro xeito, a xornada contou cunha merenda en comunidade, con doces caseiros e outros petiscos feitos na casa.
“O encontro non responde só a un chamado internacional, senón que conecta tamén coa tradición galega dos fiadeiros, aquelas xuntanzas arredor do traballo do liño nas que as mulleres se reunían para traballar, conversar e festexar”, aclara a organización. Desta volta, o encontro botou en falta a música tradicional, porén xa valoran engadir ás pandereteiras “e botar uns alalás”.
As participantes destacan o encontro como un punto de encontro para veciñas “que doutro xeito igual non coincidirían”, non só veciñas de Allariz, senón de Ourense e mesmo Barbadás. Nesta terceira edición, a cita engadiu novos participantes que sen dúbida volverán a repetir. Xunto ás mulleres habia ademais cativos de tódalas idades e homes, xa que a organización defende que “estes labores non deben quedar reducidas a unha tarefa de mulleres”.
Hoxe, o saber relacionado co tecido gaña impulso entre as novas xeracións, que o empregan como unha forma de relaxación, práctica creativa e mesmo para conectar, sendo que a sociedade cada vez dá máis valor á artesanía e aos produtos feitos a man, afastándose do industrial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
TRADICIÓN EN IMAXES
Elena Rodicio, fotógrafa de Allariz: “Dábame medo como se ía entender fóra”
VEJACIONES Y COACCIONES
Condenado por un insulto a su ex en Ourense, pero absuelto de maltrato
Lo último
BILLETE PARA LA FINAL
España quiere que sea su fiesta contra Francia en el Mundial
CAMPUS DE OURENSE
El ligero baile de las notas de corte
SEIS MESES DE CÁRCEL
A juicio por golpear a su ex en la cabeza con un jarrón en Ourense