PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
San Bieito
As actividades continuaron onte cunha sesión de títeres na praza do Matadoiro. Tanxarina foron os encargados de por en escena o seu espectáculo Titiricircus, que dende as 20,00 horas entretivo á cativada alaricana.
Durante a xornada de onte, tamén se celebraron seis misas, dende as 8,00 ata as 19,30 horas que foi a derradeira, sendo a das 12,00 horas a misa solemne.
A velada rematou ca verbena a cargo da discomóvil Apocalipsis, que pasadas as 23,00 horas comezou o seu espectáculo na Barreira.
Hoxe continúan os días de troula en Allariz, co desfile de Xigantes e Cabezudos ás 11,30 horas dende a Casa da Cultura. Estarán acompañados pola agrupación De Pé Feito.
Xa pola tarde, comezará a música cas bandas Airiños do Morrazo e Unión Musical de Allariz, na alameda a partir das 20,30 horas. Logo comezarán as sesións da orquestra Horizon, que tocará ata a madrugada na Barreira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último