Allariz celebra o 188 aniversario de Rosalía de Castro
A vila alaricana estará ateigada de actividades e eventos durante o mes de febreiro
O 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro estará precedido dunha chea de actividades na vila de Allariz. Onte presentouse de xeito oficial o programa de actividades que se desenvolverán dende o 10 ao 28 deste mes para celebrar a escritora, nada o 23 de febreiro. No acto estiveron presentes a edil de Promoción Económica, Comercio e Turismo, María López, e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, que estiveron acompañados por dous representantes da Hostalería de Allariz, Gerson Iglesias e Teresa Lorenzo.
As iniciativas están organizadas por distintos actores da vila, e comezan co programa dende a área de Cultura que achega a exposición “O Herbario de Rosalía” o vindeiro día 10 de febreiro á Casa da Cultura. Xuto ao CEIP Padre Feijoo tamén desenvolverán “Rosalía Cativa”, un proxecto para nenos de Primaria con contacontos, obradoiros e unha actividade especial sobre as fabas do Caldo de Gloria. A área de Benestar Social promoverá a integración da figura de Rosalía de Castro nas actividades ofrecidas para maiores, onde as persoas participantes realizarán diversas dinámicas e obradoiros inspirados na tan querida Rosalía de Castro.
Ambos centros e os establecementos participantes recibirán manteis de papel co poema de Rosalía de Castro
A área de Promoción Económica, xunto coa hostalería da vila, celebrará o Día de Rosalía de Castro co Caldo de Gloria, que dende o 21 ata o 23 de febreiro servirán 12 establecementos de Allariz. Este prato está inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”, onde a escritora reflexa a preparación dun caldo humilde. Os locais que participan estarán identificados coa frase “Aquí hai Caldo de Gloria” e ofrecerán o prato, ben como tapa ou incluído no menú da fin de semana. Todas as persoas que vaian degustar o prato nos establecementos participantes poderán tomar parte nun sorteo dunha fin de semana en Padrón, visitando a Casa de Rosalía de Castro.
Degustación
Pola súa banda, o Mercado da Reserva ofrecerá unha degustación de Caldo de Gloria durante a mañá do 20 de febreiro en horario de apertura do mercado. A iniciativa tamén se amplía á Escola Infantil “A Galiña Azul”, que xunto co CEIP Padre Feijoo, ofrecerán o Caldo de Gloria o 21 de febreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
CULTURA E NATUREZA
O patrimonio de Allariz, a descubrir en sete actividades
TERROR SOCIAL
Sae á luz “Home”, a novela inédita do autor Antón Risco
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”