MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Mercado
O Concello de Allariz, xunto coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), organizan a VII Feira dos Produtos Apícolas, que se celebrará o vindeiro sábado, 13 de setembro, na Praza do Matadoiro alaricana, dende as 10:00 ata as 20:00 horas.
A Feira dos Produtos Apícolas non só pon en valor o traballo dos apicultores e a calidade dos seus produtos, senón que tamén subliña o papel fundamental da apicultura na conservación do medio ambiente e na economía local. Por iso, durante a xornada unha ducia de postos ofrecerán ó público unha gran diversidade de produtos da colmea, dende meles de diferentes variedades, pole, própole e cosmética apícola ata elaboracións innovadoras ou derivados, como candeas.
Ademais de ser un espazo de venda, a feira pretende ofrecer unha experiencia educativa e de concienciación arredor da apicultura e da súa importancia para a biodiversidade, polo que seofrece un programa que combina tradición, divulgación e actividades para toda a familia. Ás 11,30 horas realizarase o obradoiro sobre apicultura e biodiversidade con As Curuxas, unha actividade didáctica para o público infantil. Logo, ás 12,30 horas, haberá unha degustación de produtos da Reserva da Biosfera maridados con mel, da man de Moixo-Cociña, que mostrará como o mel potencia e harmoniza sabores da gastronomía local.
Para rematar, ás 18,30 horas terá lugar o espectáculo familiar “Miña terra, meu lar”, a cargo de A Trastenda dos Contos con Caxoto, que mestura narración oral, humor e concienciación ambiental, e ó peche desta edición da feira, haberá un sorteo de varias cestas para todos aqueles que mercaron ao longo do día
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!