Allariz festexa aos maiores con actividades en comunidade
APOIO E RESPETO
A concelleira Tania Álvarez e a técnica municipal, Sonia Paz, presentaron o calendario da Semana dos Maiores, estruturado arredor do Día Internacional das Persoas Maiores
A xa tradicional Semana dos Maiores do Concello de Allariz arrinca hoxe e durante os próximos días convidará a unha chea de actividades ata mediados de outubro, promovendo o envellecemento activo mediante un programa impulsado pola área de Benestar Social para reivindicar a importancia da terceira idade. A concelleira Tania Álvarez e a técnica municipal, Sonia Paz, presentaron o calendario estruturado arredor do Día Internacional das Persoas Maiores, convertendo aos asistentes nos “verdadeiros protagonistas” da programación sen esquecer a convivencia veciñal.
A axenda comezará hoxe, ás 11,00 horas, coa proxección do filme “O silencio herdado” na Casa da Cultura, continuando o 1 de outubro mediante unha andaina e xantar campestre que precisará confirmación de asistencia antes do 30 de setembro. O calendario da décimo oitava edición incluirá unha viaxe cultural denominada “O baixo Miño” programada para o día 8 de outubro, pechando o ciclo o día 15, ás 17,30 horas, co obradoiro de cerámica “Pegadas de Barro” impartido pola Asociación Estivadinha no Fogar dos Maiores.
As persoas interesadas en acudir á excursión terán para formalizar as correspondentes inscricións dende o luns 28 de setembro, ás 09,00 horas, ata o día 5 de outubro, ás 14,00 horas, mentres as prazas habilitadas para a olería poderán reservarse ata o 13 de outubro. A xestión dos trámites realizarase de xeito presencial nas instalacións da rúa A Barreira, no número 988 554 059 e no correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN *BEN_ESTAR*
El pabellón del instituto alaricano estrena cubierta
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Prietas las filas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 15 de octubre