Orgullo Galego
O Caldo de Gloria volve a Allariz polo día de Rosalía
25 DE NOVEMBRO
A Área de Benestar Social do Concello de Allariz vén de por en marcha as súas Xornadas do 25N cunha programación especial co gallo do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro. Tania Álvarez, edil de Benestar Social, e Cristina Outeiriño, técnica de Igualdade, presentaron o programa onte pola mañá, dando a coñecer as actividades que atenderán a varios eidos para erradicar as violencias machistas.
A programación comezou co obradoiro “Conectad@s: relacionándonos coa contorna virtual”, no que participa o alumnado de 4º da ESO do IES de Allariz, co obxectivo de fomentar o uso responsable das tecnoloxías e promover relacións máis respectuosas e igualitarias no ámbito dixital. Terá lugar o vindeiro 10 de novembro, coa presentación do proxecto da Asociación Aliad Ultreia, que a través da investigación, o descubrimento e o traballo en equipo, van xerar mecanismos para estar alerta e tomar precaucións fronte aos novos riscos.
O sábado 15 de novembro será a quenda do contacontos “Vamos ao recreo”, unha proposta lúdica e educativa de balde para os máis cativos na Casa da Cultura. O domingo 23 de novembro, a Casa da Cultura tamén acollerá o monólogo “ELAS”, unha peza teatral que convida á reflexión sobre as vivencias, as historias de vida, as resistencias e as fortalezas das mulleres ao longo da historia dirixida ao público adulto.
O propio martes 25 de novembro, ás 12,00 horas, leerase na Praza Maior o manifesto institucional contra a violencia cara ás mulleres. As Xornadas do 25N contan coa colaboración do IES de Allariz e o apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Orgullo Galego
O Caldo de Gloria volve a Allariz polo día de Rosalía
ACTIVIDADES PARA A COMUNIDADE
Os maiores contarán con máis actividades durante este inverno
Actuaciones en la calle
Allariz busca artistas para su Semana Santa
PARA TODA A FAMILIA
Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”