XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS
“Liberar poñendo límites”, el jardín preferido del público en Allariz
EIDO SANITARIO
A vila alaricana acolleu este sábado a XI Asemblea da Irmandade da Sanidade Galega, que baixo o lema “A lingua que nos coida, a identidade que nos une”, reinvidicou o galego no ámbito sanitario.
O evento arrancou cun tributo a “Os Manolos”, os doutores Manuel Devesa Muñiz e José Manuel Solla Camino, profesionais recoñecidos pola súa traxectoria na medicina e o seu firme compromiso coa defensa e o uso do galego no exercicio da súa profesión. Na súa honra desvelose unha placa conmemorativa no Centro de Saúde.
A continuación, a Casa da Cultura acolleu o acto institucional, co nomeamento dos novos membros da Irmandade e á distinción dos doutores Devesa e Solla como Irmandiños de Honra. Ademais da Irmandade, organizou a homenaxe a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, a Xunta e e o Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS
“Liberar poñendo límites”, el jardín preferido del público en Allariz
Gastronomía de tempada
O outono en Allariz é sinónimo de produto local