“Arte nas mans”, a aposta da Xunta pola artesanía galega
30 participantes
Esta actuación forma parte do programa Acción de Verán 2025, que tivo lugar no albergue do concello alaricano
O campamento de verán “Arte nas mans: una viaxe pola artesanía”, é unha iniciativa conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolvida por primeira vez este ano e dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos. Esta fin de semana recibiu a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.
Esta actuación enmárcase no programa Acción de Verán 2025, que tivo lugar no albergue de Allariz, onde 30 persoas participantes afondaron nos oficios artesanais. O director xeral, puxo de relevo a aposta da Xunta a prol da atracción de talento mozo e da remuda xeracional na artesanía de Galicia con accións de difusión ligadas ao territorio. A cifra de participantes no campamento está incluída nas 11.630 prazas que a Xunta ofrece na súa programación estival deste 2025, sendo a maior oferta da súa historia.
Neste campamento desenvolvéronse obradoiros de reciclaxe e técnicas de papel, impartidos por Peixesapop; de cestería, a cargo de Julia de la Cal-La Parabólica; de estampaxe téxtil de La Platanera e o de torno cerámico, que imparte Carlos San Claudio. Gabriel Alén subliñou o valor da artesanía como emprendemento ligado ao territorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gastronomía de tempada
O outono en Allariz é sinónimo de produto local
FALLECIÓ HACE DÉCADAS
Hallado el cuerpo de un bebé dentro de un arcón congelador en Allariz
Lo último
INCERTIDUMBRE POLÍTICA
Las inmobiliarias gallegas temen un parón del alquiler hasta 2027
"RESPUESTA INMEDIATA"
Más de mil migrantes llegan a El Hierro en solo dos días
ELECCIONES 29-N
Feijóo: “Lo que se necesita es decencia, ambición y gestión”