PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Neste encontro, reafirmou o compromiso da Xunta con esta entidade social para seguir impulsando iniciativas que fomenten a igualdade de oportunidades entre todos os menores.
“O campamento é o broche final do programa de ocio e tempo libre que desenvolve esta fundación en colaboración ca Xunta”, apuntou Rey, “é o mellor momento de todo o curso para moitos deles, despois de todo o ano esforzándose”.
Durante a xornada, o director xeral participou cos rapaces nas diferentes actividades que realizaron nas instalacións da Fundación Ramón González Ferreiro, que conta entre outros recursos didácticos, cunha granxa escola. Alí, constatou a importancia da colaboración entre as Administracións e o tecido asociativo para chegar a máis familias e mellorar a situación da mocidade máis vulnerable, garantindo servizos fundamentais como a conciliación familiar.
“Esta entidade traballa con eles todo o curso para atender as tarefas de ocio, tempo de lecer, reforzo escolar e atención socioeducativa”, apuntou Rey, aclarando que a Xunta achega cada curso 170.000 euros para este programa.
Jacobo Rey trasladou o compromiso da Xunta de seguir traballando a prol das familias galegas, poñendo a súa disposición recursos e servizos fundamentais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último