MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
VERANO ACTIVO
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse onte ata a segunda edición do campamento “Arte nas mans” que se está a desenvolver en Allariz, dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos. A iniciativa forma parte do programa de actividades Modo Verán Activo da Dirección Xeral de Xuventude e conta co patrocinio da Fundación Artesanía de Galicia.
O obxectivo é promover un plan de lecer alternativo, educativo e saudable para as persoas mozas, a partir do coñecemento do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia. No caso de “Arte nas mans”, ofréceselles ás 29 persoas participantes a posibilidade de iniciarse en diferentes técnicas e oficios artesanais a través de obradoiros de tecido manual, tinguido de téxtiles, de torno cerámico e de transferencia de imaxes en cerámica, de bordado sobre fotografía e de marroquinería a través de obradoiros impartidos por Variopinto, Carlos San Claudio, Peixesapop e Misoco, todos eles profesionais inscritos en Artesanía de Galicia.
Esta aprendizaxe de oficios artesanais complétase coa experiencia da convivencia e do desenvolvemento persoal dos participantes nunha contorna única rodeada de paisaxes naturais, o que permite amosarlle á xuventude os valores da artesanía e o seu vínculo co territorio. Na programación de actividades inclúense tamén rutas fotográficas na natureza ou xogos na contorna do río Arnoia.
A visita serviu para lembrar que a Xunta puxo en marcha este ano, por primeira vez, unha liña específica dotada con 1 millón de euros dentro da orde de Primeira Experiencia Profesional destinada a incentivar contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525