A “Casa de Rosalía” chega á Alameda alaricana
50 anos
A exposición recupera a historia detrás desta senlleira Casa-Museo
A exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía” instalouse onte na Alameda de Allariz. A mostra repasa a historia do museo e recorda o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar este edificio grazas á colaboración de milleiros de persoas.
Esta mostra estará exposta na Alameda alaricana ata o vindeiro venres, 13 de xuño. Está comisariada por Pepe Barro, quen tamén é o autor da museoloxía da Casa-Museo, que abriu o 15 de xullo de 1971, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.
A historia desta casa é a historia dun logro colectivo, xa que pouco despois da morte de Rosalía ficou baleira, e non foi ata despois de varios intentos que puido ser mercada en 1946 por Xosé Villar e Xosé Mosquera.
O Padroado Rosalía, que se creou e 1947 co obxectivo de recuperar a “Casa da Matanza”, converteuse en refuxio do galeguismo, realizando actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, que servían de encontros de afirmación galeguista, nos que participaban centos de persoas.
Grazas a proposta de José Manuel Rey de Viana, realizada no Pedrón de Ouro de 1970, organizáronse colectas en moitas vilas e centros galegos na emigración, ós que se uniron máis de 60 concellos, bancos, equipos de fútbol e asociacións de todo o país, sendo algúns deles o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e a Federación de Caixas de Aforros.
Ata 1951 non se realizou a primeira restauración deste edificio, grazas ós planos de Gómez Román, pero foi en 1971 cando finalmente abriu as súas portas, grazas a implicación de tantas persoas que conseguiron xuntar preto de un millón de pesetas nese ano. Da montaxe e dirección do Museo encargouse Xosé Filgueira Valverde.
O concello de Allariz é mecenas da Casa de Rosalía dende o ano 2022.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
Lo último
TECNOLOXÍA AUTÓNOMA
Os drons e a IA tamén abren novos camiños no transporte e na loxística
COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA
Xinzo e Ponte de Lima renovan irmandamento
La Región
El placer de comunicar
La Región
La crisis se come la comida