DECORACIÓN ARTESANAL
Galería | Allariz brilla con luz propia esta Navidad
PROTECCIÓN DE DATOS
A Asociación de Familias do IES Allariz, AFA Vilanova, vén de comunicarlle ao Delegado Territorial de Educación en Ourense un escrito detallando o seu malestar pola apertura e uso de contas de Google Workspace for Education “a menores de 14 anos sen a autorización previa dos seus titores legais, tal e como marca a normativa vixente en materia de protección de datos”, segundo indican. Asesorada polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a AFA fixo fincapé en que “o consentimento en materia de protección de datos debe ser previo, informado e libre, e ningún centro educativo pode vulnerar estes dereitos fundamentais”.
Estas contas foron “creadas sen consentimento e fóra dos medios oficiais da Consellería no inicio do curso 2024/2025”, e explican que “segundo expuxo o xefe de estudos, estas contas créanse porque a Consellería non proporciona alternativas” e por considerar “fundamental” que o alumnado as empregue. A AFA subliña que “a competencia dixital do alumnado non se acadará a través da imposición de servizos comerciais alleos á administración nin mediante prácticas que vulneran dereitos básicos de protección de datos” e que “empregando ferramentas oficiais e adaptadas ao ámbito educativo -Aula Virtual, Abalar, Boxabalar-, garantan a privacidade do alumnado”.
“No mes de novembro de 2024, o centro entregou ás familias un documento para autorizar a continuidade destas contas, xa abertas previamente sen permiso. Moitas familias asinaron presupoñendo que toda comunicación procedente do centro é correcta e conforme á legalidade”, afirman no comunicado. A AFA reuniuse o pasado curso con dous inspectores diferentes, trasladándolles por escrito e de forma presencial a problemática relativa “ás máis de 240 contas de Gmail creadas sen autorización”, apuntando que “non se adoptou ningunha medida, e as contas permaneceron activas ata final de curso”. Este setembro, “o instituto volveu crear contas de Google con nome e apelidos de menores sen solicitar previamente ningún permiso”, afirman dende a AFA.
Dende a Consellería de Educación confirman que non está permitido o uso destas contas nos centros educativos e que hai pronunciamentos ao respecto por parte da AEDP, pero que “se ben é certo que os centros, ás veces, actúan con boa fe desde o descoñecemento”. No caso do IES de Allariz, a Consellería venlle de comunicar á dirección do centro que “non pode empregar estas ferramentas de Google” e que o centro “comprometeuse a que se vai poñer en contacto coas familias para explicarlles a situación e eliminar o seu uso”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DECORACIÓN ARTESANAL
Galería | Allariz brilla con luz propia esta Navidad
COMERCIO LOCAL
“O Peto dos Desexos” de Allariz reparte mil euros
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía un camión de piensos en Allariz
NUEVOS AVANCES
Allariz citó cerca de 60 especialistas en leucemia
Lo último