SAMANA SANTA AO VIVO
Las actuaciones callejeras protagonizan la Semana Santa en Allariz
PRIMEIRO DÍA
Allariz deu o pistoletazo de saída á súa Festa do Boi, que como calquera festa que se precie, comezou cunha paparota popular, en Paicordeiro e a súa boa foliada de postre. Unha chea de veciños de todo o Concello desfrutaron coa música de Tanto Nos Ten.
A celebración continuou en Roimelo, ás 18:30 horas, cando os veciños recrearon o trato dos bois, que este ano estivo ambientado na ditadura franquista, época durante a que os veciños non podían celebrar esta festividade por as dificultades do momento.
Ó rematar, comezou a baixada dos bois, que dende Roimelo chegaron ata a Barreira, onde as xugadas mansas permanecerán expostas todo o día de hoxe.
Elena Rodríguez Bouzas foi a Corrixidora de Honra desta edición. A actual directora da garderia alaricana e que anteriormente foi técnica de Cultura do Concello, fixo entrega do sedeño ós Homes do Sedeño, para poder dar comezo a primeira saída do boi de 2025.
Esta saída non se fixo de rogar, pois case inmediatamente os asistentes poideron presenciar o inicio destes nove días de carreiras. A Casa do Boi foi o punto de partida desta primeira saída, que sen dúbida tiña ós alaricanos impacientes.
A verbena deu comezo ás 00,00 horas, cando os Festicultores Troupe deron renda solta a troula.
O grupo De Pé Feito comezará a xornada ás 11:00 horas co seu pasarruas. O plato principal será a Procesión medieval do Xan de Arzúa, ás 12:00 horas, que recreará a orixe da Festa do Boi e sairá dende O Eiró. Durante a procesión os alumnos do CEIP Padre Feijóo realizarán as Danzas Gremiais, que acompañarán ós gremios no seu percorrido pola vila, devolvendo a Allariz ó pasado.
O xantar medieval, que segundo adianta a organización contará con máis de 800 persoas, dará paso ó Concurso de trobadores, onde os gremios cantarán as súas prezas na Barreira. A xornada rematará ca saída do Boi ás 21:00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SAMANA SANTA AO VIVO
Las actuaciones callejeras protagonizan la Semana Santa en Allariz
ACCESIBILIDADE
Allariz renova a súa web, máis “accesible e útil”
Lo último