"DEBERES FEITOS"
Polémica en Trasmiras al no pedir ayuda por daños
Poemario
Esta autora de obra “gráfica e escrita”, xa que é unha prolífica artista de collages, explicou que malia ser orixinaria de Trasmiras, seus pais xa marcharon novos, e que só viña durante esas longas vacacións de verán da infancia, pero fai un ano decidiu mudarse á terra dos seus avós, un sitio ó que asocia a felicidade.
Clara Martín conta como este novo poemario se “xestou, naceu e medrou aquí”, durante o primeiro inverno que pasou na Limia logo de mudarse: “Cando cheguei dixéronme que os invernos eran moi duros e tiña que pasar un para decidir se quedarme”, explicou. Durante este inverno, “con horas tan longas e a súa escuridade, naceu este poemario que ten unha dualidade: a dor e a sanación”.
“Dalgún xeito quería reflectir tanto a dor individual coma a dor colectiva”, apuntou, explicando que hoxe vivimos nun mundo no que “os medios de comunicación nos anestesian cun montón de sufrimento que xa nos escorrega por enriba da pel”, e que ela quería sentir “a dor interna e externa que nos provoca o mundo, pero sempre cunha posibilidade de ver a luz”, intentando que esta obra fose o “osíxeno que entra logo da asfixia”.
Nun símil que recorda ó mito de Perséfone e a súa saída do inframundo para traer a primavera á terra, “Asfixia” remata coa “rexeneración e a esperanza que trae a primavera”, explicou Clara Martín, “a esperanza de que o ser humano poida encaixar a dor e deixar de provocar tanto sufrimento”.
“Desde que estou aquí sempre penso: como non vin antes?”, preguntouse entre risas a autora, afirmando que “a nivel creativo encontro moitísima máis inspiración”, indagando en se é porque “aquí o tempo é distinto”. Clara Martín destacou que unha das expresións que lle fixo reflexionar sobre isto é “hai tempo”, que segundo a autora, “se lle pos un nome en inglés, faise viral”, explicando que comezou a entendela cando se mudou ó rural: “Antes non tiña e agora ou teño máis ou o mido dun xeito distinto”, afirmando que lle gusta máis este percorrer do tempo “con máis silencios, con máis calma...”.
Clara Martín gañou o VII Premio de Poesía Eduardo Pondal, e recibiuno xunto á presentación do libro, que tivo lugar nos aloxamentos O Campiño, en Trasmiras. Aproveitando que son as festas da localidade, e que o libro saíu do prelo esa mesma semana, pensou que “antes de quitalo a andar en outras cidades, apetecíame que a súa primeira andaina fose aquí”. “Eu reivindico moitísimo A Limia. Sentinme sempre moi limiá, e agora que vivo aquí, con máis razón aínda”, remata.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"DEBERES FEITOS"
Polémica en Trasmiras al no pedir ayuda por daños
CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
El alcalde de Trasmiras ve “deslealdade” con el cuartel
CIERRE DE CUARTELES
Trasmiras, sin respuesta por el cuartel cinco meses después
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense