PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
COMUNIDADE
Os centros de atención a persoas maiores da provincia de Ourense do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pertencentes á rede de atención ás persoas maiores da Xunta de Galicia, continúan este outono cun programa de actividades dirixidos á comunidade, sumados aos talleres abertos á poboación maior que se están levando a cabo nos centros de Vilar de Barrio, Maceda, Xinzo de Limia, A Rúa, Vilardevós e Allariz.
Unha destas iniciativas foi o “Concurso de cabazas de Samaín”, levada a cabo polo centro de atención a persoas maiores de Vilardevós e á que se sumaron un total de 18 centros pertencentes a rede do Consorcio Galego. O certame contou cun amplo nivel de participación, resultando gañador o centro de Cambados.
Na honra a San Martiño celebraranse magostos xunto coas familias das persoas usuarias, recuperando así costumes e tradicións propias do outono galego.
O mércores 19 de novembro terá lugar unha charla sobre a importancia da alimentación e da hidratación, impartida por unha profesional do centro de atención a persoas maiores de Vilar de Barrio. A actividade terá lugar na sala polivalente do Concello, ás 15,30 horas.
No marco destas propostas, os centros participarán na lectura conxunta do manifesto polo 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 18 de septiembre
Rosendo Luis Fernández
El triaje de Marlaska: chavismo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 18 de septiembre
RELACIONES COMERCIALES
Canadá apuesta por Europa pese a las amenazas de EEUU