Allariz estrea un novo Punto Limpo Móbil eléctrico
SOSTIBILIDADE
O novo vehículo facilitará o transporte e recollida de residuos, así coma outros servicios auxiliares
Os alaricanos xa desfrutan do seu novo Punto Limpo Móbil, un vehículo 100% eléctrico presentado esta semana pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela. Os representantes da corporación municipal destacaron o compromiso do municipio coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente a través dunha mellor xestión dos residuos e a promoción da economía circular.
O novo vehículo facilitará o transporte e recollida de residuos, así coma outros servizos auxiliares, facendo máis doado o acceso ás parroquias e barrios mediante a súa caixa para a recollida de pequenos residuos. Tamén está adaptado para trasladar outros materiais ou residuos máis voluminosos medinte unha caixa auxiliar.
Cid e Varela destacaron que o proxecto “combina innovación, eficiencia e compromiso co noso entorno. Queremos seguir avanzando cara a un Allariz máis verde e máis consciente”, incidindo en que para iso “as administracións debemos por os medios e o compromiso de avanzar na sostibilidade”.
Esta iniciativa foi posible grazas a unha convocatoria da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, cofinanciado con fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA EDICIÓN
Contempo llega a Allariz para unir arte y música en el rural
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
Lo último
PÁNICO ENTRE LOS ASISTENTES
Tres muertos y cuatro heridos en un tiroteo durante un festival gastronómico en Seattle
PRIMERA VICTORIA DE LA TEMPORADA
Lando Norris se acuerda de ganar en Hungría