MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
ENERXÍA E SOSTIBILIDADE
O Concello de Allariz aposta pola eficiencia nos servizos públicos con dúas actuacións na piscina municipal: a renovación da cuberta e a instalación dunha planta solar fotovoltaica. A primeira renovarase coa colocación de novos paneis tipo “sandwich” de 30 mm. que mellorarán o illamento térmico e a estanquidade do edificio, ademais dun aforro enerxético significativo.
En paralelo, instalarase unha planta solar fotovoltaica de 50 kW para autoconsumo, que aproveitará a enerxía solar para reducir o consumo eléctrico da piscina. A instalación permitirá ademais verter á rede a enerxía sobrante, grazas ao sistema de compensación simplificada de excedentes. A actuación inclúe tamén a retirada e correcta xestión dos antigos paneis solares térmicos, que xa non están en funcionamento.
Con estas dúas obras, Allariz reafirma a súa aposta pola innovación, a eficiencia enerxética e a mellora continua dos servizos locais. A mellora das infraestruturas non só responde a necesidades técnicas, senón tamén ao compromiso político cun modelo de concello que pon ás persoas no centro e coida os espazos públicos e o medio ambiente.
A cuberta está cofinanciada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en colaboración co Concello de Vilar de Santos, ao abeiro dunha orde para a mellora de infraestruturas e equipamentos municipais. A planta solar está cofinanciada polo Feder, no marco do Programa Galicia 2021-2027.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira