Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
POESÍA NA VILA
O festival internacional regresa a Allariz con recitais con voces galegas e internacionais, concertos, actividades familiares e unha ruta poética e ornitolóxica polo río Arnoia
A vila de Allariz acollerá os días 10 e 11 de outubro o XI Poemagosto, o Festival Internacional de Poesía organizado polo Teleclube O Acomodador coa colaboración do Concello, o comercio local e Pasarela Solidaria. Como novidade, varios comercios da vila sumáronse decorando os seus escaparates con versos e motivos poéticos.
O sábado, o patio do Museo do Coiro acollerá recitais con voces como Elvira Ribeiro, Xabier Cordal ou Shahd Wadi, ademais do concerto de Mel de Meiga. O domingo a actividade espallarase cun paseo poético e ornitolóxico polo Arnoia, o espectáculo infantil “Mumaxica S.L.” e un encontro literario en Urrós. Tódalas propostas son de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN *BEN_ESTAR*
El pabellón del instituto alaricano estrena cubierta
Lo último