FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
Festa do Boi
Atrás quedaba a noite de verbena cando a medía mañá, os clásicos da Festa do Boi, os Zes Pereiras, comezaban unha das xornadas máis célebres dos nove días que dura a festa. Onte, a bandeira de Galicia baixou do alto do Castelo de Allariz para colocarse na Casa do Concello, acompañando ao “noso nobre, o noso fidalgo, o Xan de Arzúa”, que velará o que queda de celebracións.
A vila alaricana foi un fervedoiro de visitantes nos primeiros compases do día, porén, cando foi a quenda dos gremios de tomar as rúas, os presentes contábanse por milleiros. Co sol querendo marchar, o medio milleiro de veciños que participan no acto reuníronse ás 19,30 horas na Praza do Eiró, e, acompañados da música de De Pé Feito, emprenderon camiño cara o Campo dos Brancos.
Alí, cada gremio tomou o seu pendón, e nun arco da vella de cores formado polos propios pavillóns e os traxes dos recreacionistas, todos esperaban o momento sinalado. A habitual bandeira de Galicia que coroa o Castelo alaricano quitouse, e no seu lugar, izouse a bandeira medieval alaricana. A primeira, baixou con respectos ata o propio campo, onde os gaiteiros interpretaron o himno de Pondal e Vega, mentres o gremio dos trobadores se encargaba de soster a bandeira.
Dende alí partiron, de novo, desta volta cara a Praza Maior. Ante a mirada atenta dos visitantes que ocupaban cada recuncho do camiño que os gremios seguían, estes chegaron ao seu destino. Baixo o balcón da Casa do Concello, os gremios fóronse colocando xunto aos seus pendóns antes de cantar todos xuntos: “Aí vén o Boi!”.
Sonrisos, bailes, nervios e, especialmente, orgullo alaricano, foi o que se viviu na empedrada praza. Ao ritmo dos Zes Pereira e De Pé Feito, a troula deu paso ao acomodo do Xan de Arzúa, o fidalgo que con valentía defendeu á procesión do Corpus Cristi fronte o aldraxe dos xudeus, que hoxe, setecentos anos despois, aínda recorda e celebra Allariz. Os encargados de subir ao nobre ao balcón son os homes do sedeño, que con moito coidado e respecto o puxeron no seu sitio, coa bandeira de Galicia aos pés.
Cos deberes feitos, os veciños xa só esperaban á saída do Boi, logo da cal comezaría o folión dos carros gremiais coa “Murga Achicoria”, o peche da sesión vespertina. A nocturna, como non podía ser doutro xeito, deu paso á troula, alongando a verbena ata ben entrada a madrugada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
TRADICIÓN EN IMAXES
Elena Rodicio, fotógrafa de Allariz: “Dábame medo como se ía entender fóra”
VEJACIONES Y COACCIONES
Condenado por un insulto a su ex en Ourense, pero absuelto de maltrato
Lo último
"XERENCIAS EN REDE"
Las asociaciones empresariales de Ourense ahorran seis horas al mes con la IA
ACUERDOS DEL CONSEJO DE GOBIERNO
El Principado reconoce la asturianía del Centro Asturiano de Rosario y amplía a 40 la red oficial de entidades