O arranxo da travesía da Moreira de Xinzo comezará esta semana
A administración local realizará un bacheado provisional previo á execución doutro proxecto por valor de 350.000 euros
O Concello de Xinzo comprometeuse a arranxar a deteriorada travesía da Moreira ao longo desta mesma semana e despois das críticas veciñais a este respecto. Conscientes de que dito vial atópase en moi malas condicións, a administración local realizará un bacheado provisional previo á execución doutro proxecto por valor de 350.000 euros co que se mellorarán os accesos do entorno de A Moreira e se creará un carril bici e unha senda peonil. A orixe do desgaste na mencionada travesía debeuse, en todo caso, á circunstancia de ter que derivar a ela o tráfico por mor do arranxo da pista Sitibal.
Concretamente, os traballos na Travesía da Moreira consistirán no bacheado provisional con aglomerado en frío. Neste senso, o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, valorou a actuación: “O convenio aínda se dilatará un pouco por tratase dun proxecto a tres bandas e consideramos que o estado desta vía é grave como para agardar uns meses. Farémolo na maior brevedade posible para mellorar o tránsito e pensando nos veciños e tamén nos negocios que están na zona, dixo”.
Dende o Consistorio recordaron que as pistas Cepetal e Sitibal xa son “amplos” viais de 16 metros de ancho, incluídas beirarrúas e prazas de estacionamento. Ambas vías, xunto coa travesía do Bouzo funcionarán como una circunvalación de 2 quilómetros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas