O BNG de Xinzo esixe un pleno extraordinario

OPOSICIÓN

Segundo os representantes nacionalistas, as declaracións do concelleiro do grupo de goberno PP-Áxil evidencian “a traizón do Partido Popular ao Concello de Xinzo ao non asumir os compromisos adquiridos”

Camilo Vila e Manuel Pozo do BNG.
Camilo Vila e Manuel Pozo do BNG.

O Bloque Nacionalista Galego de Xinzo de Limia, a través do seu voceiro municipal, Camilo Vila, e do vicevoceiro, Manuel Pozo vén de publicar un comunicado no que expresa a súa “fonda preocupación” pola situación do Concello limiao a raíz dunhas declaracións do concelleiro de Obras e Urbanismo, Ramón Gómez Salgado, e demanda un pleno extraordinario.

Por esta razón, o BNG considera “urxente” aclarar cal é a situación do goberno municipal, lembrando a “situación de extrema gravidade financiera” do Concello, xerada “baixo mandato do PP”.

Falta de liderado

Alén disto, os concelleiros Vila e Pozo lamentan “a falta de liderado e capacidade de xestión do alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, totalmente ausente, carente de equipo e plan de traballo, e entregado ao PP”.

Por todo o anterior, o Bloque de Xinzo esixe a convocatoria “dun pleno extraordinario con carácter urxente”.

Contenido patrocinado

stats