QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O Concello de Xinzo, en colaboración coa Asociación Civitas Limicorum, sumarase aos actos conmemorativos pola festa do Samaín en toda Galicia cunha programación especial centrada no vindeiro 31 de outubro.
Dende as 16,00 horas da tarde haberá distintas actividades e iniciativas na praza Maior pensadas, especialmente, para os máis cativos. Neste senso, terán lugar obradoiros de baleirado de cabazas ou pinturas terroríficas, entre outras propostas.
A partir das 19,00 horas da tarde servirase unha gran chocolatada para todos os presentes e, unha hora máis tarde, comezará o espectáculo Danza das Momias. Non será o único da xornada, xa que dará paso ao Baile dos mortos vivientes - dende as 20,15 horas- e a un espectáculo de lume -20,30 horas-.
Os actos do Samaín limiao concluirán co espectáculo A forza da queimada, unha actuación que arrancará a partir das 21,15 horas e logo da que se poderá degustar a bebida típica galega.
Marcos Argibay, presidente de Civitas Limicorum -asociación que tamén se encarga da organización dos actos da Festa do Esquecemento- asegurou que o obxectivo da preparación de todos estes actos “é recuperar a tradición do Samaín, ao mesmo tempo que se dinamiza a economía do pobo, tendo en conta que os máis pequenos non teñen clase e que parece que o tempo acompañará”. Os colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro tamén contribuirán á ambientación da vila con creacións temáticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El suicidio: ese sufrimiento silencioso
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Zapatero no es Zapatero