A falta de consenso na Corporación municipal impide aprobar o himno oficial
XINZO DE LIMIA
A canción proposta é "Xinzo", composta e interpretada por María do Ceo e cuxo autor é Armando González.
O concello de Xinzo de Limia segue sen chegar a un acordo sobre o seu himno oficial. A Comisión de Cultura do consistorio, reunida o pasado día 24 co único punto na orde do día da "declaración de himno oficial", non chegou a acordo sobre a proposta de declarar oficialmente como himno a canción "Xinzo", composta e interpretada por María do Ceo e cuxo autor é Armando González López. O goberno local propuxo un convenio de "cesión dos dereitos de uso" da peza. No texto solicítase que se ceda un uso que comprende"os dereitos de reprodución e comunicación pública da canción, unicamente coa fin de poder empregala como himno oficial". Aprobada a proposta de convenio en pleno municipal e vista a conformidade dos autores, os grupos da Corporación non acaban de poñerse de acordo, e na Xuntanza que celebrou a Comisión de Cultura decidiuse aprazar a decisión "ante a falta de consenso en relación a este punto".
A maiores da canción "Xinzo", trala apertura de convocatoria para a presentación de propostas musicais alternativas, só se presentou un pasodobre coñecido como "Xinzo de Limia". Esta peza, cuxa letra e música foron compostas por Francisco Feijóo e José Pena, respectivamente, foi rexeitada debido a que o seu propoñente non foi quen de demostrar axeitadamente que a canción se atopaba libre de dereitos de autor. Algúns membros da Comisión agardan a que se presenten novas propostas antes de adoptar a decisión definitiva.
A pesar da falta de acordo no consistorio, a recoñecida cantante María do Ceo declarou sentirse"moi agradecida" polo recibimento da peza e afirma que, pola súa banda, "esa canción deixa de ser súa" para pertencer aos veciños "dunha terra que foi a primeira en me recibir cando migramos de Portugal a Galicia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas