Alfredo Fernández: "Hai que adaptar o agro e gandeiría á nova realidade"

Ecoagro

O Plan Estratéxico da Limia botou a andar de xeito oficial con catro encontros para facer unha radiografía previa antes de comenzar a trazalo

Alfredo Fernández, subdirector de Planificación na Agader.
Alfredo Fernández, subdirector de Planificación na Agader.

O Plan Estratéxico da Limia botou a andar de xeito oficial con catro encontros -de diagnose, temática agrícola, gandeira e unha última de desafíos- para facer unha radiografía previa antes de comenzar a trazalo. A xestión dos residuos, a implantación do regadío e de cultivos alternativos son as principais preocupacións e desafíos existentes en dito plan do que forma parte Alfredo Fernández, enxeñeiro e subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural e que pretende concretarse neste 2021 ao tempo que se promoven xa accións concretas.

Cales son os principais obxectivos deste Plan Estratéxico da Limia?

O obxectivo fundamental é tratar de facer, a longo prazo, unha planificación estratéxica para o sector agrario nunha comarca, neste caso A Limia, cunha importancia relevante no sector agrogandeiro en Galicia.

Este plan incluiría, ademais, dotación orzamentaria para todas as cuestións que nel se pretenden ordear e implementar?

A nós o que nos toca dende a axencia é a coordinación da elaboración do plan, pero logo virá a execución. O propio plan recollerá necesidades e inquedanzas para así poder establecer medidas e accións. Non todas van a xurdir dende o noso departamento, Agader, senon doutros da propia Consellería ou, incluso, doutras administracións. De feito, no propio desenvolvemento está a local ou a central, a través da demarcación hidrográfica Miño-Sil. O propio plan incluirá indicadores para poder facer un seguemento de todo o que se vaia facendo.

É un plan pioneiro a nivel galego para o eido agrario?

Hai cousas similares, pero non exactamente iguais ás que se están facendo na comarca da Limia. Fixéronse plans máis sectoriais ou concretos. Neste caso abárcase todo o conxunto: produccións agrícola e gandeira, desafíos dos subsectores... Atreveríame a decir que non se abordou así en ningún outro ámbito ou comarca. Queremos, en xeral, ordear e planificar o territorio no seu conxunto.

Cal foi ese punto de inflexión a partir do cal dende a Consellería de Medio Rural se decidiu promover esta iniciativa?

A Mesa da Limia como tal botou a andar hai ano e medio. A partir dela sairon algunhas accións como as formativas e a necesidade de facer este Plan Estratéxico conxunto que dera resposta aos problemas que comezaron a saír naquela mencionada mesa. A pandemia retrasou a planificación e retomamos os traballos no último trimestre do 20. Si puidemos facer varios encontros virtuais e traballaremos a partir das súas conclusións neste ano.

Cales son as principais preocupacións que existen no sector agrogandeiro limiao?

A xestión dos residuos é o que está enriba da mesa e saiu nas conversas e nas reunións que se deron na Mesa da Limia. Hai que afrontalos. Hai unha presión importante da producción gandeira que inflúe no solo na auga e é un dos puntos importantes do plan que se quere acometer. Tamén afloraron outras cuestións como a diversificación de produccións para adaptalas á nova realidade, sendo compatibles coa preservación doutros valores do ámbito natural e ecolóxico.

A colleita de cereal na pasada campaña foi “desastrosa" segundo os agricultores, o que fai inevitable non pensar en novas produccións alternativas... Hai, non obstante, medo a romper ese binomio patata-cereal.

É outro dos puntos que sairon. Hai que trasladar aos gandeiros e aos agricultores esas novas opcións e que se vexan como unha realidade. Trataremos de ter experiencias piloto poñendo en producción superficies abandonadas da comarca. É difícil cambiar cando se está acostumado a unha cousa nun ámbito, tes que ver as posibilidades. Esa parte se vai recoller no plan e a Administración ten que poñer da súa parte.

Saiu xa nalgunha destas reunións algunha posibilidade en canto a producción alternativa para A Limia?

Saiu algún tema de cultivos hortícolas e, incluso, de alternativos ao cereal e producción de fibras. Hai cousas, pero se fala un pouco de oídas. É importante transferir coñecemento aos productores para poñer en marcha ditos cultivos. Hai que diagnosticar as posibles opcións e ver a súa viabilidade.

Que hai do regadío para A Limia?

É outra das partes, así como as infraestructuras vinculadas á produción agrícola. O plan vai a ter que dar resposta a esto, xunto á coordinación das distintas administracións para darlle impulso.

E da transformación?

Outro desafío: que quede na comarca canto máis valor engadido, non comercializar en bruto, senon que haxa transformación e comercialización.

Contenido patrocinado

stats