As melloras no Castelo de Pena costarán 200.000 euros
O proceso, que durará nove meses, incluirá tarefas de escavación e acondicionamento
A Consellería de Cultura informou este mércores do inicio das tarefas de escavación, conservación e acondicionamento do Castelo de Pena, en Xinzo de Limia. Trátase dunha intervención anunciada a comezos deste verán, que se prolongará durante os vindeiros meses e que se centrará, fundamentalmente, na muralla exterior, unha das zonas que, na actualidade, atópase menos visible. Concretamente, limparase esta estrutura situada nunha zona de forte pendente moi cuberta de vexetación e de restos de derrubes. Os técnicos traballarán para investigar e actualizar a documentación existente neste sitio, ademais de para deixar á vista unha parte importante que permita comprender e explicar o conxunto.
Por outro lado, tamén se actuará sobre o torreón de cara a rematar a súa escavación e conservación.
Logo destes traballos, que ascenderán aos 200.000 euros; acondicionaranse os circuítos de visita ao sitio, de modo que se siga permitindo a correcta circulación dos visitantes ao redor da torre da homenaxe así como o ascenso á plataforma. Do mesmo xeito instalarase unha nova sinalética e habilitarase un código QR para vídeo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONCIERTO DE NAVIDAD
La propuesta navideña de la Banda de A Lira agota entradas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Judíos en Galicia
UN VASCO EN GALICIA
Tomiño, el hogar habitual del Premio Nacional de Artesanía